Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 6 de setembro

10.00 h (hora local)
En Viana do Castelo, o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, asiste á Asemblea xeral de Atlantic Cities.

11.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos nenos e nenas que participan no Verán CampUSC.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o novo capitán da Garda Civil, José Antonio Rivero Zobra.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños de Guadalupe.

Compartir: