Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 3 de setembro

10.00 h
Na sede da Delegación do Goberno na Coruña, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación do "Programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano", do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. (ás 10.00 h, gráficos; ás 11.00 h, declaracións aos medios).

11.00 h
Na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar 'Viva a escena!', a programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o segundo semestre. Acompáñana Xesús Ron, dramaturgo e director de N.E.V.E.R.M.O.R.E., o último espectáculo de Chévere, que se estrea en Galicia dentro desta programación, así como o elenco completo da obra.
NOTA: rolda presencial.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Festival C
11 h a 14 h e de 16 h a 19 h
Na Zona C, exposición Ruxe Ruxe (1996-2021): 25 anos de universo gráfico. Acceso de balde.
20.30 h
Na igrexa da Universidade, Rafa Fernández ofrece o concerto Eccos. Música ambiental e visual ao abeiro do ciclo De Lugares e Órganos.

Compartir: