Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 17 de setembro

9.00 h
Na sede de Afundación (praza de Cervantes), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á apertura do Congreso "Talento empresarial en femenino".

10.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.

10.30 h
No acceso do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ao parque de Bonaval, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación oficial do festival maré 21.

11.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, reciben un grupo de veciños e veciñas que van facer entrega das firmas recollidas en apoio á iniciativa popular para declarar San Pedro barrio amigable LGBTIQ+.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, participa no acto organizado pola Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) no marco da iniciativa "Camiñando polo Dano Cerebral". As persoas participantes partirán da rúa de San Francisco (diante do Facultade de Medicina) e rematarán no Obradoiro, onde os recibirá o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Compartir: