Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 15 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación dos V Premios Youtubeiras, organizados polos Servizos de Normalización Lingüísticos dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña. Participan:
-Rubén Prol, concelleiro de Políticas Lingüísticas de Santiago de Compostela
-Escarlata Pampín, concelleira de Normalización Lingüística e Mocidade de Ames.
-Carmen Pereiro, coordinadora dos Premios Youtubeiras.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.45 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de clausura do Obradorio de Emprego "Santiago Sustentable II". Tamén participan a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado Lago; e a xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, Judit Fontela Baro

12.30 h
No Salón Vermello, recepción a José Rioseco, atleta de categoría máster de M80 que acadou os récords do mundo de 800, 1500, 5000 e milla.

18.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "X. Carballido: SEICA no Museo do Pobo Galego".

Compartir: