Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 10 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, e da deputada Iria Carreira sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
No salón de actos da Facultade de Medicina, o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, asiste ao acto institucional de apertura do curso académico da USC.

13.00 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración da exposición "40 anos de Autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro".

17.30 h
Na rúa do Vilar (no espazo da Selic, desde Afundación ata Praterías), apertura da SELIC, Festival da lectura de Compostela. Asisten:
- Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela
- Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago
- Mar Lorenzo, vicerreitora de Cultura da USC
- Juan Blanco Valdés, director do Servizo de Publicacións da USC
- Camilo Franco, director da Selic 2021

Compartir: