Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 23 de abril

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co secretario xeral de CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas), Juan Gallástegui.

11.00 h
No Salón Nobre, recepción ao Club Ximnasia Rítmica Viravolta Santiago tras acadar a medalla de ouro na categoría de cadete mixto no Campionato Nacional de conxuntos base.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase vía streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.30 h
No Teatro Principal, Artesa Cía presenta ‘Illas desertas’, dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Guadi Galego que presenta ‘Costuras’, dentro da programación de Música de Compostela Cultura.

Compartir: