Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 16 de abril

9.30 h
No Pazo de Congresos, a concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, abre as xornadas "Con Voz de Muller". Ás 12.55 h, a concelleira Mila Castro participa na mesa redonda "A fenda salarial e o teito de cristal" e ás 13.40 h, clausura o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: