Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 9 de outubro

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese con representantes de Unión Hotelera.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón para presentar o ciclo "A cor das palabras". Na rolda tamén estará o programador de Cinema NUMAX, Xan Gómez Viñas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o novo curso da Escola de Música de aCentralfolque. Na rolda tamén estarán Mauro Sanín, coordinador da escola, e Paulina Ceremuzynska, mestra de canto e técnica vocal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e da vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo Moledo, para presentar a II Feira de Outuro de Emprendedoras de Compostela. Na rolda tamén estará a responsable do programa Woman Emprende, Eva López Barrio.

NOTA: as roldas retransmitiranse por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: