Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 29 de outubro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a VIII edición do Festival Atlántica de Narración Oral. Na rolda tamén estará Soledad Felloza, directora do festival.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes á sesión ordinaria do 24 de setembro e extraordinaria do 8 de outubro, ambas deste ano.
2.- Ratificación da inclusión dos puntos números 3, 4 e 5 na orde do día, para ser tratados na sesión.
3.- Aprobación do expediente de modificación de crédito mediante crédito extraordinario núm. 2020-CREXT-12, financiado con baixas por anulación.
4.- Aprobación do expediente de crédito extraordinario núm. 2020-CREXT-13, financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2019.
5.- Aprobación do expediente de crédito extraordinario núm. 2020-CREXT-14, financiado con baixas por anulación e modificación da base 33.2 de execución do orzamento municipal para o exercicio 2020.
6.- Proposta do concelleiro delegado de turismo de adhesión do Concello de Santiago á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal de Compostela Aberta contra as violencias machistas e para relanzar o compromiso activo coa conmemoración do 25-N.
8.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para duplicar a partida destinada a arranxar os centros de ensino.
9.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para crear o roteiro "Compostela, encontro dos camiños".
10.- Proposición presentada polo grupo municipal de Compostela Aberta sobre o servizo de axuda no fogar e a súa próxima licitación.
11.- Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular para a creación dun rexistro de chamadas á Policía Local que detalle as demandas cidadás e os impedimentos para a súa atención.
12.- Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular sobre a organización e xestión dos centros socioculturais.
13.- Dar conta de resolucións da alcaldía de datas 25 de setembro (nomeamento concelleiros/as delegados/as) e de 28 de setembro (dedicación exclusiva).
14.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
15.- Rogos, preguntas e interpelacións.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: