Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsions informativas para o luns 19 de outubro

11:30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina o convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Plataforma polo Emprego. Ao acto de sinatura asiste a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

19:00 h.
No pavillón do Rosalía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á rolda de presentación do equipo da Liga Feminina 2, "Ulla Oil Rosalía". Tamén estará presente a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa.

Compartir: