Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 6 de abril

10.45 h
No pavillón de Fontiñas, a concelleira de Deporte, Noa Morales asiste á inauguración dos XX Xogos de Atletismo Special Olympics.

11.00 h e 13.00 h
No CEIP de Vite, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asiste á entrega de premios do Campionato de Judo que organiza o centro escolar.

12.00 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega da Medalla do Parlamento de Galicia 2019 á emigración galega.

12.30 h
No Teatro Principal, #CONVERSANDO: "Síndrome do Emperador. Unha problemática que tomou visibilidade na sociedade actual", actividade do Club C! relacionada co espectáculo "Patapatúm".

13.30 h
Na Granxa do Xesto, a concelleira de Deporte, Noa Morales, entrega os trofeos do Mini BTT "Cidade de Santiago".

16.15 h
No Teatro Principal, #OBRADOIRO MULTIPLICA: "Xógase con calquera cousa!", actividade do Club C! relacionada co espectáculo "Patapatúm".

18.30 h
No Teatro Principal, Elefante Elegante presenta "Patapatúm", dentro da programación de Compostela Cultura En Familia.

18.30 h
No Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao España- Hungría pertencente á Ronda Elite Sub 19 feminino.

Compartir: