Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 1 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a II Milla Urbana "Portas de Compostela". Na rolda tamén estarán Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo; e Alfonso Menduíña, presidente do Club Atletismo Santiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o Melona Fest 2019. Na rolda tamén participarán Coque Dosil, director do festival; Guillermo Cavero, programador; e Victoria Blanco, responsable da programación paralela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar a unidade didáctica "O universo musical de Andrés Gaos (1874-1959)". Na rolda estarán a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, e os comisarios da exposición na que se basea a unidade didáctica Monserrat Capelán e Javier Garbayo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o Plan de Dinamización do Comercio da Zona Histórica.

20.30 h
No Teatro Principal, 17 Encontro Universitario de Danza da USC.

Compartir: