Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 6 de febreiro

11.00 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na apertura das Xornadas sobre o sector lácteo que organizan Unións Agrarias e Unión Leiteira Galega.

11.00 h
No CERSIA, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asiste á inauguración de Vives Emprega Santiago 2019.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da tenenta de alcalde, María Rozas, para presentar o Congreso Mundial EDUCA 2019.

11.30 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa na rolda de prensa de presentación de Escenas do Cambio.

11.30 h
Na Residencia Fundación José Otero-Carmela Martínez, Concerto para Maiores da Banda Municipal de Música de Santiago.

12.00 h
No Salón Vermello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega; do director de rutas de Vueling, Manuel Ambriz; do director do aeroporto, Ricardo López; e da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o programa de Vueling no 2019.

18.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás ximnastas do clube de ximnasia rítmica Viravolta que participaron no Campionato de España, Murcia 2018.

19.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do libro "O ollar clarividente de Isaac Díaz Pardo. Colaboracións xornalísticas (1963-2009)". Tamén estarán Xosé Ramón Fandiño Veiga, autor da publicación; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; e Lucila Ventoso, directora de Andavira Editora.

Compartir: