Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 5 de decembro

9.00 h a 14.00 h
Na praza Garibaldi de Niza, o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, participa no encontro "Rede de Transferencia URBACT - Tropa Verde", na que se analiza o grao de execución do proxecto.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, e da concelleira accidental de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, para presentar a programación de Nadal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Igrexa de San Fiz, os concelleiros de Festas, Gonzalo Muíños, e de Turismo, Sindo Guinarte, visitan o Belén. Tamén asisten: a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; o belenista, José A. Uzal; José Fernández Lago, canónigo lectoral da Catedral, en representación do Arcebispado; e un representante de Mercado de Abastos, entidade colaboradora.

19.00 h
Na praza do Obradoiro, acto de acendido da iluminación de Nadal, coa asistencia do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e membros da corporación. A continuación, percorrido polas rúas ata o Mercado de Nadal de Carreira do Conde.

20.30 h
No Teatro Principal, Jamila Purofilin presenta "La Habana 500 anos. Cidade de cancións".

Compartir: