Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 2 de decembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro de Compostela Aberta, Martiño Noriega, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar o Mercado da Estrela. Na rolda tamén estarán Elena Fabeiro, xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, e Mónica Mejías, da empresa organizadora Correveydile.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.00 h
No CERSIA, o concelleiro Sindo Guinarte clausura o taller informativo da Consulta Preliminar ao Mercado de SMARTiAGO. Esta sesión está dirixida a todas aquelas entidades, empresas e axentes de innovación con interese en participar na consulta.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación do certame aRimar, organizado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela. Asisten: a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o subdirector xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza, Xosé Lago; e o director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla.

19.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación Compostela Monumental.

Compartir: