Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 11 de decembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co presidente do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación da Coruña, Roberto Medín.

13.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de proclamación da familia Cortizo, propietaria do Grupo Cortizo, como candidatos de Galicia para a final do Premio Emprendedor do Ano 2019.

21.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á representación da obra "En inverno non vai tempo para ir á praia, pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic", da Aula de Teatro da USC.

Compartir: