Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 5 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar o plan de obras en colexios para o verán.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e de Pepe Sendón, coordinador de Liñas Paralelas, para presentar a colección de libros da SELIC.

12.30 h
No Pazo de Fonseca, a alcaldesa accidental, María Rozas, asiste ao acto de toma de posesión do reitor da USC, Antonio López.

17.30 h
Na carpa da SELIC (praza da Quintana), a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presenta os novos libros da Colección SELIC.

Compartir: