Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 2 de xuño

11.00 h
No CSC do Ensanche, obradoiro de cosméticos naturais no marco das actividades de Compostela + Solidaria.

12.00 h
Na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos, cociñando con comercio xusto, no marco das actividades de Compostela + Solidaria.

12.30 h
No pavillón do Restollal, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao Memorial Lorenzo de la Torre, organizado pola Federación Galega de Baloncesto.

12.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás persoas participantes na peregrinación da Asociación de Miastenia de España (AMES), á Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES) e á Dirección Asistencial do 061.

13.15 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás persoas participantes na marcha solidaria "Camiño da Hospitalidade", organizada pola ONG Entreculturas con motivo do Día Internacional das Persoas Refuxiadas.

Compartir: