Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 4 de abril

11.00 h
No Auditorio de Galicia, "O ritmo e a palabra", concerto dentro do Programa Didáctico. Marta Rodríguez e Vicente Faus na percusión, con Fernando Buide, compositor e narrador.

11.00 h
Na Galería Sargadelos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar as actividades do seu departamento no marco da celebración do Banquete de Conxo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, para presentar "Casa O’Rei", de Ibuprofeno Teatro, que estará no Teatro Principal venres e sábado. Na rolda participan tamén o autor e director, Santiago Cortegoso, e a actriz Marián Bañobre.

Compartir: