Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 3 de abril

11.00 h
No Auditorio de Galicia, "O ritmo e a palabra", concerto dentro do Programa Didáctico. Marta Rodríguez e Vicente Faus na percusión, con Fernando Buide, compositor e narrador.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar a XVIII Campaña de Animación á Lectura. Na rolda estará Manuela Rodríguez, directora do departamento de edición de Kalandraka e coordinadora de animación á lectura.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

18.30 h
Na Galería Sargadelos, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presenta a XVIII Campaña de Animación á Lectura ao profesorado dos centros de ensino.

Compartir: