Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 23 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Hostal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de presentación do selo do Camiño Inglés e da Catedral.

11.00 h
No Teatro Principal, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste ao recital poético e musical "As sensombreiro", a cargo de Paco Damas, para celebrar o Día do Libro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar as actividades con motivo do Día da Danza. Na rolda participan o director de AGADIC, Jacobo Sutil; o director de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz; o director da Banda Municipal de Santiago, Casiano Mouriño; Marta Alonso de Alfaia Danza; e Loli Fojón da Academia Lodanzas.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e de Xulio Villaverde, presidente da Asociación José Afonso-Galizia, para presentar as actividades de conmemoración do 25 de abril.

Compartir: