Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 5 de decembro

9.30 h
Na Coruña, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, asinan os convenios de colaboración entre o Concello e a Deputación para o financiamento da adquisición das obras do pintor Carlos Maside, da posta en marcha do Espazo Educativo e de Lecer "María Miramontes", e da programación anual do Auditorio de Galicia. SÓ GRÁFICOS.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Campus Vida (rúa Lope Gómez de Marzoa, nº 3), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de apertura do Campo de Fútbol e Rugby da USC

19.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á presentación do espectáculo "Somos capaces de crear arte".

20.00 h
Na Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de homenaxe ás empresas que cumpren 25 anos.

Compartir: