Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 9 de xaneiro

11.00 h
Na Aula Magna do IES Xelmírez I, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presenta a campaña de concienciación viaria "Ti controlas, ti decides" a alumnado do centro. No acto tamén estarán presentes responsables de Bombeiros, Protección Civil, 061 e a USC.

12.00 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte e Mocidade, Noa Morales, para presentar a actividade organizada pola Deputación da Coruña na estación de Cabeza de Manzaneda dentro da Campaña de Inverno 2018.

Compartir: