Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 19 de xaneiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar as alegacións ao Proxecto de Decreto de desenvolvemento da Lei 10/2013 de inclusión social de Galicia. Na rolda tamén estarán as concelleiras de Políticas Sociais da Coruña e Ferrol, Silvia Cameán e Saínza Ruíz.

11.30 h
Na Residencia de Maiores de Volta do Castro, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

FITUR
10.00 h
No stand de Córdoba, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á Asemblea de alcaldes do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
11.30 h
No stand de Turespaña, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de presentación do Plan de acción 2018 Turespaña e Grupo Cidades Patrimonio.
12.15 h
No stand de Paradores, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asina o convenio con Paradores.

19.00 h
No Centro sociocultural das Fontiñas, vídeoforum "Conquista os elementos".Programa:
Proxección do documental "CONTRA OS ELEMENTOS"
Mesa redonda: "EMPODERAMENTO DA MULLER NO MUNDO DO DEPORTE" con:
Cristina López Villar, profesora e investigadora da Universidade da Coruña.
María Obelleiro Hermida, directora do semanario Sermos Galiza.
Paula Mayobre, atleta internacional. Campioa de España en todas as categorías de
promesa a cadete. 2 veces mundialista e 1 europeo. Adestradora persoal e directora da Escola Deportiva Paula Mayobre
Adrián Dios Vicente, adestrador de baloncesto e árbitro.

Compartir: