Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 18 de xaneiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar ‘Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira’, o novo espectáculo de Mofa e Befa. Na rolda estarán Mofa e Befa, é dicir Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, ademais de Carlos Santiago, autor e director da obra.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar os actos con motivo do Día Escolar da Paz.

13.00 h
No Auditorio do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Madrid), o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recolle o XV Premio Ciudad Sostenible concedido ao Concello de Santiago, na categoría de Xestión de Residuos.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Lars Vogt, que a acompaña ao piano. Interpretan obras de Beethoven, Prokofiev e Stravinski.

FITUR
10.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dá conta do avance das liñas prioritarias do Plan Estratéxico de Turismo de Santiago, no Stand de Galicia (pabellón 9 Stand 9C)
11.45 h
No Stand de Renfe, asiste ao acto de sinatura do convenio entre o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e Renfe.
21.00 h
Na Sede do Instituto Cervantes (rúa Alcalá 49), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto con motivo do 25º aniversario do Grupo de Cidades Patrimonio.

Compartir: