Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 7 de setembro

10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o embaixador de Malta,
Mark Antoni Micallef.

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, para presentar unha moción.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de inauguración do curso escolar 2017-2018.

Semana Cultural de Conxo
No CSC de Conxo (praza Aurelio Aguirre, nº1)
18.00 h
Instalar unha horta urbana. Proxecto dirixido ás familias co obxectivo de aprenderen todo sobre hortas urbanas.
18.30 h
Descarboniza! Que non é pouco! Encontro de educación ambiental con Miguel Pardellas. Necesaria inscrición.
19.00 h
Xogos na praza
19.00 h
Trae as fotos das viaxes. Selecciona 10 imaxes e aprende a retocalas con software libre. Necesario inscrición previa.
20.30 h
Terra, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe na volta do mundo. Conferencia a cargo de Xurxo Mariño, biólogo e profesor no Departamento de Medicina na Universidade da Coruña.

WOS Festival
ENCONTROS
16.30 h. Cidade da Cultura. Encontro Máquinas e almas: innovación tecnolóxica e gramáticas de creación contemporánea. Entrada libre ata completar aforo.
18.15 h. Cidade da Cultura. Encontro con Robert Henke. De balde.

CINEMA
20.00 h. NÚMAX. Proxección de Tony Conrad: Completely In The Present (Tyler Hubby, 2016). Estrea en España. Inclúe presentación e coloquio a cargo de Paul Williams, produtor do filme.

PERFORMANCE
22.00 Sala La Montiel. A compañía Licenciada Sotelo pon en escena Métanse nos seus asuntos.

MÚSICA
21.30 h. Fundación SGAE. Concerto de Mounqup
22.30 h. Fundación SGAE. Concerto de Omni
23.30 h. Fundación SGAE. Concerto de HHY & the Macumbas
00.30 h. Fundación SGAE. Concerto de BFlecha

Compartir: