Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 20 de setembro

10.30 h
Na carballeira do Parque Eugenio Granell, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de presentación pública da escultura realizada no marco do Obradoiro de Forxa que tivo lugar en Compostela os días 16 e 17 de xuño.
Punto de encontro: Residencia de maiores José Otero.

12.00 h
Na Casa do Concello, Xunta local de Seguridade presidida polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate.

12.05 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da tenente de alcalde, María Rozas, para presentar o proxecto "Herdeiras" e o concerto que terá lugar este sábado 23 no Teatro Principal. Na rolda tamén estarán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística e Carmen Penim, impulsora do proxecto.

12.30 h
Na Facultade de Ciencias Políticas, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á inauguración do XIII Congreso da Asociación Española de Ciencia Política (AECPA).

19.00 h
No Polígono da Sionlla, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración de Media Markt.

20.00 h
No Museo da Cidade (praza das Praterías), proxección do documental CARS vs BIKES e coloquio sobre o modelo de cidade, dentro dos actos organizados con motivo da Semana Europea da Mobilidade.

Compartir: