Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 13 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para dar conta da adhesión do Concello á campaña Vinde Xa, e a edición do libro Pasaportes. Na rolda tamén estarán os autores, Fernando Rodríguez Gómez e Serxio Suárez, e Xosé Baamonde, de Vinde Xa en Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a X edición de Santiago (é)tapas. Na rolda tamén estará a presidenta da Asociación de Hostelería Compostela, Sara Santos.

12.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a última etapa da XVI Volta Ciclista a Galicia. Na rolda estarán Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo; Guillermo Sande, director da Volta; o ciclista Ezequiel Mosquera e a concelleira de Deporte, Noa Morales.

20.00 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta (Sala Agustín Magán), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto de presentación da tempada da Real Filharmonía de Galicia. Paul Daniel dirixe á orquestra na interpretación da Sinfonía nº 7 de Beethoven e da Música Acuática de Haendel. Acceso libre ata completar aforo.

20.30 h
No Teatro Principal, estrea absoluta de A Canción do Elefante, de Redrum Teatro. Un thriller psicolóxico dirixido por Álex Sampayo, con Guillermo Carbajo, Ernesto Chao e Patricia Vázquez como protagonistas.

20.30 h
Na SaLa Montiel, Festival herDanza, Conversa "As artes escénicas como ferramenta de transformación social". Con Ruth Oblanca García, psicóloga e actriz, e Andrea Calsamiglia Madurga, doutora en Psicoloxía social coa tese "Da violencia ó amor e do xulgado ó teatro social" e co-fundadora de NUS Teatre. Acceso libre ata completar aforo.

Compartir: