Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 8 de novembro

10.00 h
A concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, visita o Centro Cívico do Romaño-Vista Alegre, que se inaugura pola tarde (Travesa de Vista Alegre, 46).

11.10 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o XVII Trofeo Ciclocross Concello de Santiago. Na rolda tamén estará o presidente do Club Ciclista Compostelano-Muebles Compostela, Manuel Paz, e o secretario, Pablo Seoane.

20.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o Centro Cívico do Romaño-Vista Alegre. (Travesa de Vista Alegre, 46).

XIV SIMPOSIO O LIBRO E A LECTURA. Libro ilustrado: outra forma de ler?
16.00 h. Entrega de documentación.
16.15 h. Inauguración.
Xosé Ballesteros, presidente da AGE (Asociación Galega de Editores).
Manuel Dios Diz, concelleiro de Educación e Cidadanía, Santiago de Compostela.
16:30 h. Mesa redonda: Falamos de banda deseñada.
Modera Francisco Castro, director de Editorial Galaxia.
Kiko Dasilva, ilustrador.
Anxo Paz "Cano", libreiro.
Carla Berrocal, ilustradora.
18:00 h. Conferencia: Joan Fontcuberta, "A furia das imaxes".
Presenta Xosé Ballesteros, presidente da AGE.

FESTIVAL CINEUROPA

Compartir: