Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 3 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar a II Xornada sobre a situación das persoas sen fogar.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.00 h
En Área Central, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois participa na rolda de prensa de presentación da campaña "Aquí hai tomate".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar o XIV Simposio "O Libro e A Lectura. Libro ilustrado: outra forma de ler?". Na rolda tamén estarán Xosé Ballesteros, presidente da Asociación Galega de Editores, e Henrique Alvarellos, vicepresidente da AGE.

13.00 h
Na Praza do Convento de San Agustín, performance ‘Non nos chames princesas, chámanos mulleres’ do Colectivo LAG, como parte do ciclo ligado á mostra Alén dos Xéneros. Acceso libre.

20.30 h
Na Igrexa da Universidade, concerto da formación Vox Stellae no marco das Xornadas de Música Contemporánea, con obras de Joam Trillo e Marcos Mato. Entrada de balde.

Compartir: