Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 2 de novembro

11.00 h
Na Cámara de Comercio, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e do vicepresidente da Cámara de Comercio, Evaristo Rodríguez Carracedo, para presentar unha nova edición do Premio Manuel Beiras.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar a campaña Compostela en Negro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
O Alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Turismo, Marta Lois, inauguran Santiago(é)tapas, acompañados doutros membros da corporación, representantes da Asociación Hostelería Compostela e dos patrocinadores do concurso. A ruta comeza ás 13.00 horas na "Jefatura", na Avenida de Figueroa. Ás 13.30 iráse a "El Muelle", na Rúa da Senra. O remate está previsto ás 14.00 horas.

Compartir: