Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 18 de novembro

11.30 h
No CIAC (Belvís), obradoiro de lectura de etiquetas de productos alimenticios, dentro das actividades do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.

18.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á ceremonia de apertura do Campionato de España cadete, júnior e sub-21 de karate.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, a compañía Pista Catro presenta o espectáculo "Outono", no que reúne a parte dos seus fundadores para un reencontro cheo de emocións e humor.

19.30 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, entrega o Premio Cineuropa a Costa-Gavras.

20.30 h
No CGAC, concerto de Nicasio Gradaille no marco das Xornadas de Música Contemporánea 2017. Gradaille interpreta ao piano composicións de Nicole Lizée arredor de bandas sonoras de películas icónicas. Acceso de balde até completar aforo.

Compartir: