Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 17 de novembro

9.30 h
No Mosteiro de San Martiño Pinario, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á inauguración do X Congreso de Psicoloxía Clínica.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar as actividades con motivo do Día Universal da Infancia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

12.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o cineasta Costa -Gavras, a quen este ano se lle outorga o Premio Cineuropa.

13.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da exposición Compostela, un ano de Voz 2017 e da retrospectiva con motivo do 20 aniversario da mesma.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, a compañía de danza La Phármaco presenta en Galicia Kaspar Hauser. El huérfano de Europa, un espectáculo físico que dialoga coa Historia e que se encadra nas Xornadas de Música Contemporánea 2017.

Compartir: