Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 16 de novembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a convocatoria da XXIII edición do Premio "Antonio Fraguas" de Investigación sobre o Traxe Tradicional Galego. Na rolda tamén estará a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray Rodríguez; e Pati Blanco, xefe de Relacións Externas de El Corte Inglés-Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar o Outono Fotográfico. Na rolda tamén estará o director da mostra, Xosé Lois Vázquez.

12.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o Campionato de España Cadete, Júnior e Sub 21 de Kárate. Na rolda estarán Antonio Moreno Marqueño, presidente da Federación Española de Kárate; Carmen Barro Pita, presidenta da Federación Galega de Kárate; Óscar Lafuente López, director técnico da FGK e José María de Dios, director técnico da FEK.

17.00 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA para presentar o informe de vulneracións 2016-2017. Na rolda estarán Miguel Fernández, do Foro Inmigración; Jesús Sueiro, de Agamfec; Enriqueta Lois, de Amnistía Internacional; Manuel Martín, de SOS Sanidade Pública e Inés Fernández de Córdoba, de Médicos do Mundo.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Aprobación inicial dos expedientes de suplemento de crédito núm. 2017-SUPLE-03 e de crédito extraordinario núm. 2017-CREXT-04.
4.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a ampliación do abastecemento e saneamento e outras melloras na parroquia de Bando.
5.- Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á implantación dunha nova rotonda na rúa do Restollal e na intersección coa rúa de Rosa Pardo (Pontepedriña).
6.- Dar conta da execución orzamentaria correspondente ao terceiro trimestre do exercicio de 2017.
7.- Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
8.- Rogos, preguntas e interpelacións.
9.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Victor Pablo Pérez dirixe á RFG nun concerto con pezas de Schuman e Cherubini, no que tamén intervén o coro da OSG. Entrada A 15 euros (con descontos do 50% habituais)

Compartir: