Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 15 de novembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e do voceiro do grupo parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, acto de sinatura do protocolo para a campaña "EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS". Asiste o alcalde de Santiago, Martiño Noriega e representantes de 60 concellos.
Desenvolvemento do acto:
11:00 h: chegada dos/das representantes dos concellos e deputacións. Recepción e saúdo do alcalde, Martiño Noriega, nos soportais do Pazo de Raxoi. Foto de familia (na escalinata da praciña de Raxoi).
11:15 h: comezo do acto no Concello. Interveñen:
- Deputada da Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Sonsoles Izquierdo (2’)
- Vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín (2’)
- Alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez (2’)
- Alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy (2’)
- Alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso (2’)
- Alcaldesa de Sarria, María Pilar López (2’)
- Alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos (2’)
- Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez (2’)
- Alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega (2’)
11:45 h: sinatura do protocolo no Salón Verde.

11.00 h
Na Sala de Xuntas do Gabinete da Consellería de Infraestruturas, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito a Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, participa na Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda; a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; a Axencia de turismo de Galicia; A Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Santiago para a mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños en Santiago de Compostela.

19.00 h
No Salón de actos do Centro Sociocultural de Vite "José Saramago", o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de conmemoración dos 30 Anos do Plan Comunitario de Vite.

Compartir: