Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 13 de novembro

10.30 h
Na rúa Carretas, nº 27, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de inauguración do Centro de Atención Social Continuada "Vieiro" de Cáritas.

11.00 h
Na Sala Einsemann da Cidade da Cultura, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do XI Certame Galego de Bandas de Música.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar o Foro Emociona. Na rolda tamén estará a organizadora, Ana Framiñán.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán.

14.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o atleta Roberto Vieiro Pérez.

19.30 h
No Salón Nobre do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega do X Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados a Rocío Soledad Alejandro de Bos Aires, Arxentina, pola obra La huerta de Simón presentada baixo o pseudónimo de "Cosette".

Compartir: