Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 8 de marzo

10.30 e 12.00 h
No Teatro Principal, Concerto Didáctico 'O metal e as súas cores', unha produción da Fundación La Caixa enmarcada dentro da programación didáctica da concellería de Cultura.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co rexedor da Estrada, José López Campos.

12.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e de Quico Cadaval para presentar 'Zona portuaria' que Cadaval presenta no Principal o venres 9 dentro do ciclo Falabaratos.

12.30 h
No Centro Sociocomunitario da Porta do Camiño, a concelleira de Familia, Benestar Social e Muller, Paula Prado, participa no acto conmemorativo do Día da Muller coas usuarias do centro, organizado polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, preside o acto de homenaxe e recoñecemento a Victoria Seoane López, fundadora de Ultramarinos Victoria; a Mª del Carmen Ferreira Campos, fundadora da firma Maika Peluqueros; e a Ana Serra García, empresaria artesá e fundadora de Medialúa, con motivo do Día Internacional da Muller.

21.00 h
Ciclo de Piano Ángel Brage
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao concerto de Ingolf Wunder dentro do ciclo de piano Ángel Brage enmarcado na programación de abono.

Compartir: