Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 7 de marzo

8.30 h
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visita o barrio de Salgueiriños. Punto de encontro: diante da Casa das Asociacións de Benestar Social.

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico do Taller Atlántico Contemporáneo, dirixido por Diego García Rodríguez.
10.30 e 12.00 h
No Teatro Principal, Concerto Didáctico 'O metal e as súas cores', unha produción da Fundación La Caixa enmarcada dentro da programación didáctica da concellería de Cultura.

11.00 h
No Estadio de San Lázaro, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asisten á presentación do programa Galicia Saudable, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e de Maximino Zumalave para presentar o Ciclo de Piano 'Ángel Brage'.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, sobre asuntos da súa área.

19.00 h
Na Biblioteca da Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto institucional con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.

20.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese con representantes da federación de asociacións do rural, FERUSA.

Compartir: