Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 6 de marzo

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerado Conde Roa, reúnese cunha delegación da gobernación de Al-Qadarif (Sudán), composta polo gobernador, o ministro de Obras e Infraestruturas e o ministro de Agricultura. Tamén asiste o administrador da empresa Espina Obras Hidráulicas, Antonio González Espina, e o delegado desta empresa en Sudán.
NOTA: Haberá declaracións ao remate do encontro.

10.30 e 12.00 h
No Teatro Principal, Concerto Didáctico 'O metal e as súas cores', unha produción da Fundación La Caixa enmarcada dentro da programación didáctica da concellería de Cultura.

11.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Circular), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás; de Juan Paz, Brand Manager de 1906; e de Joe Lovano, artista que participa no Jazz in Blue do V Ciclo 1906 de Jazz cun concerto esa mesma noite no Auditorio de Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Ángel Currás, para presentar as bases do Concurso de Debuxo "50 Aniversario da SD Compostela", na que tamén estará o presidente do Comité organizador do 50 Aniversario, Alfonso Castiñeiras, e o xerente de Área Central, Juan Carlos Losada.

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa Asociación Cultural e de Festas San Lázaro. Asiste o concelleiro de Participación Cidada, Francisco Noya.

21.00 h
Jazz in Blue
No Auditorio de Galicia, concerto de Joe Lovano Quartet dentro do ciclo Jazz in Blue

Compartir: