Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 31 de marzo

A partir das 11.30 h
No Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, I Fase da XXII Liga Galega de Bandas de Gaitas. O acceso é libre e gratuíto. Ás 20.30 h, clausura.

18.00 h e 21.00 h
No Teatro Principal, eme2 presenta 'O Florido Pénsil' de Andrés Sopeña. Con Xosé Manuel Olveira, ‘Pico’; Antonio Durán, ‘Morris’; Federico Pérez, Josito Porto, e Alfonso Agra. Fernando Bernués e Mireia Gabilondo, dirección.

19.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), concerto da Escola Municipal de Música. Musical "O mundo de Händel".

20.30 h
Na Zona "C", 'Hamlet' con Alfredo Padilla
21.00 h a 22.00 h
O Concello de Santiago súmase á campaña Hora do Planeta 2012, organizada por WWF, mediante o apagado do alumeado monumental da Casa do Concello e a Catedral e o aagado do alumeado público na avenida de Lugo, desde o Hórreo ata San Caetano.

Compartir: