Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 30 de marzo

10.00 h e 10.45 h
No CEIP de Vite (Avda. Burgo das Nacións, nº8), continúa o 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago "OS CANTOS DO PAÍS DO XEO", organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música. Nesta ocasión será no CEIP de Vite, cunha sesión ás 10:00 h e outra ás 10:45 h.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar os vindeiros concertos do ciclo Sons 2012.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, e da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos das súas áreas.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
No CSC do Ensanche, proxección de A Dilixencia dentro do programa Cine classics’12, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais. A continuación, "Café con Cine", charla sobre a película co crítico de cine Moncho Lemos.

20.30 h
Na Zona "C", 'Hamlet' con Alfredo Padilla
21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá.
21.00 h
No Teatro Principal, eme2 presenta 'O Florido Pénsil' de Andrés Sopeña. Con Xosé Manuel Olveira, ‘Pico’; Antonio Durán, ‘Morris’; Federico Pérez, Josito Porto, e Alfonso Agra. Fernando Bernués e Mireia Gabilondo, dirección.

22.00 h
Na Sala Moon (República Argentina, 25), actuación dos grupos Drink and Tonic e Touret, dentro do festival 'MusiCompostela', actividade enmarcada no Plan de Acción Local na Prevención de Drogodependencias.

Compartir: