Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 3 de marzo

11.30 h
Na Escola Municipal de Música (rúa da Almáciga, 55), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participa no encontro e no concerto didáctico destinado aos nenos e familias das escolas infantís.

12.00 h
Na Catedral, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste aos actos de celebración do Santo Anxo de Garda, patrón da Policía Local. A continuación (13:00 h), na Casa do Concello, entrega de placas e medallas de recoñecemento.

19.30 h
No Teatro Principal, concerto familiar 'A Berenguela', opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes sobre un texto de Manuel María. Recomendada para nenos e nenas de 4 a 10 anos.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, 'Nya, díptico para nove bailaríns' . Ballet Contemporáeo de Arxel (Arxelia) / Compañía La Baraka (Francia). Abou Lagraa, coreografía e dirección artística.

Compartir: