Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 29 de marzo

10.00 a 14.00 e 16.00 a 18.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, Xornada gratuíta sobre a osteoporose organizada pola Fundación Educación Deporte e Saúde (FEDYS) e a Fundación Hispana de Osteoporose e Enfermidades Metabólicas (Fhoemo), en colaboración coas concellerías de Deportes e Xuventude e de Familia e Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Benestar Social e UMAD, Paula Prado, reciben un grupo de Suecia do programa europeo de prevención do consumo de alcol en menores "Gruntvig".

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación inicial da modificación da ordenanza municipal de tramitación de actividades.
3. Aprobación inicial da ordenanza reguladora da instalación de ascensores.
4. Resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación da ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo da ORA e aparcamento de residentes.
5. Proposta da concelleira delegada de facenda de delegar na Excma. Deputación Provincial de A Coruña a recadación executiva das sancións municipais por infraccións que se deduzan da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.
6. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a composición da mesa local de comercio.
7. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a procura de solucións ao aumento do desemprego en Compostela.
8. Dar conta de aprobación definitiva do regulamento de organización e funcionamento do Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago de Compostela, por falta de reclamacións.
9. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
10. Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local de delegación de competencias.
11. Dar conta de Resolucións da Alcaldía de delegación de competencias e de substitución.
12. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
13. Rogos e preguntas.
14. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
Na Zona "C", 'Hamlet' con Alfredo Padilla

Compartir: