Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 28 de marzo

10.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración da X Conferencia internacional "Enerxías renovables".

10.00 a 14.00 e 16.00 a 18.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, Xornada gratuíta sobre a osteoporose organizada pola Fundación Educación Deporte e Saúde e a Fundación Hispana de Osteoporose e Enfermidades Metabólicas (Fhoemo), en colaboración coas concellerías de Deportes e Xuventude e de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago. Ás 19.00 h, charla informativa sobre a osteoporose.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do goberno municipal, Paula Prado, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Mark Lanegan Band+Creature with the Atom Brain dentro do ciclo Compostela Rock.

21.00 h
No Teatro Principal, eme2 presenta 'O Florido Pénsil' de Andrés Sopeña. Con Xosé Manuel Olveira, ‘Pico’; Antonio Durán, ‘Morris’; Federico Pérez, Josito Porto, e Alfonso Agra. Fernando Bernués e Mireia Gabilondo, dirección.

Compartir: