Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 26 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, para presentar a Conferencia sobre comercio electrónico, que terá lugar o 19 de abril no Palacio de Congresos. Asisten representantes da Xunta e da Cámara de Comercio, entidades colaboradoras.

12.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e actores do reparto de 'O Florido Pénsil' para presentar as representacións que da obra se farán no Teatro Principal os días 28, 30 e 31 de marzo e o 1 de abril.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.30 h
Na Zona "C", concerto de Daniel Higgs dentro do ciclo 'Íntimo&Acústico' .

Compartir: