Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 24 de marzo

12.30 h
Na sede da Fundación Novacaixagalicia (rúa do Vilar), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á conferencia impartida por Miguel Fariña baixo título "Xosé Curros e as tunas da década dos 80 do século XIX".

19.15 h
No pavillón de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ao terceiro partido polo título de liga de waterpolo que enfronta ao Club Waterpolo Santiago co Galaico de Pontevedra.

20.15 h
Na Igrexa de San Paio de Antealtares, o alcalde compostelan, Xerardo Conde Roa, asiste ao pregón con motivo da Semana Santa.

20.30 h
Na Zona "C", 'Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare' con Alfredo Padilla.

Compartir: