Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 22 de marzo

11.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, con Miguel Costas, Silvino Díaz e Coral Alonso de Aerolineas Federales para presentar o concerto que o grupo dará dentro do ciclo Compostela Rock e que supón a presentación en Galicia do seu regreso aos escenarios co traballo 'Hasta el final... Y más allá'.

12.00 h
En París, o alcalde compostelán e presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, Xerardo Conde Roa, reúnese co director xeral de Patrimonio Mundial da Unesco, Kishore Rao; e, ás 14.00 h, coa subdirectora xeral de Protección do Patrimonio do Ministerio de Cultura, Ángeles Alastrúe.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, para dar conta dos asuntos que se tratarán na comisión de Urbanismo, que se celebra ás 10.00 h.

20.30 h
Na Zona "C", 'Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare' con Alfredo Padilla .

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá con Arabella Steinbacher, violín.
21.00 h
No Teatro Principal, Sergio Pazos presenta 'Se galego, my friend' dentro do ciclo 'Falabaratos: monólogos, contos e outros shows'.

Compartir: