Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 18 de marzo

De 9.00 h a 15.00 h
Nos pavillóns de Fontiñas e Pontepedriña, I Torneo de fútbol-sala feminino- 8 de marzo, actividade que quere seguir conmemorando o Día Internacional da Muller así como fomentar e dar a coñecer a práctica diaria de moitas mozas de Santiago que xogan a fútbol sala.
A final celebrarase ás 14.15 horas no pavillón de Fontiñas. Arredor das 15.00 h, a concelleira de Benestar e Familia, Paula Prado, fai entrega dos trofeos.

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

19.30 h
Na Zona "C", 'Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare' de Alfredo Padilla .

20.00 h
No Teatro Principal, concerto de Simon Finn (Inglaterra, folk psicodélico) dentro do ciclo 'Íntimo&Acústico'

Compartir: