Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 16 de marzo

De 9.00 a 14.00 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á fase final do Parlamento Xove na que participan os centros composteláns de La Salle e Rosalía de Castro.

12.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, sesión do programa concertos dirixidos ás familias compostelás "Os contos no país do xeo", que a Concellería de Educación organiza a través da Escola Municipal de Música. A entrada é libre e de balde para todas aquelas familias e colectivos de tempo libre que queiran participar nesta proposta, especialmente deseñada para nenos/ as entre os 4 e os 8 anos.

18.30 h
No Casino de Santiago, concerto con motivo da clausura das clases maxistrais de Violín a cargo de Anca Smeu, violinista coprincipal da Real Filharmonía de Galicia, no que van participar tanto o alumnado que asistiu ás clases como a súa profesora. Actividade organizada pola Concellería de Educación a través da Escola Municipal de Música.

20.30 h
Na Zona "C", 'Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare' de Alfredo Padilla.

Compartir: