Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 16 de marzo

10.00 h e 10.45 h
No CEIP Mestre Rodríguez Xixirei (Esquipa, A Sabugueira, nº22) continúa o 2º ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago, organizados polo Departamento de Educación, a través da Escola Municipal de Música.

10.45 h
Na praza do Toural, a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, asiste á presentación do programa "MÓDULO ITINERANTE PARA A EFICIENCIA ENERXÉTICA", desenvolvido por FUNDAinnovaCIÓN. Tamén asiste o director do INEGA, Eliseo Diéguez.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e do presidente da Xunta de Confrarías, Isolino Castiñeiras, para presentar a programación da Semana Santa 2012.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, para presentar o proxecto "Patinando o Camiño".

18.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes na Asemblea anual da Federación española de asociacións de amigos do Camiño de Santiago, con motivo do seu XXV Aniversario.

19.30 h
Na igrexa de San Francisco, o alcade compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste, invitado pola Confraría da Veracruz, á presentación e entrega de medallas ás cofrades María Jesús Reboredo e Adoración López Goyanes.

20.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), charla-coloquio 'A dobre vida das imaxes. Isaki Lacuesta e o cinema catalán' a cargo de Santiago Fillol e presentada e moderada por Anxo Abuín dentro do Ciclo de Cinema Catalán que organiza a Área de Catalán da USC.

20.30 h
Na Zona "C", 'Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare' de Alfredo Padilla .

20.45 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), proxección de Pau Riba, 'Jo, la donya i el gripau' de Isaki Lacuesta dentro do Ciclo de Cinema Catalán que organiza a Área de Catalán da USC. A continuación coloquio coa presenza dos directores Isaki Lacuesta e Santiago Fillol.

Compartir: